Monday 29 de April de 2024

Román Rodríguez anima ao equipo galeego a demstrar todo o potencial da nosa FP no Campionato Spainskills


— O conselleiro de Educación en funcións recibe aos 38 mozos de 23 centros educativos que representan a nosa Comunidade nas olimpíadas nacionais destas ensinanzas

— O certame desenvólvese en Madrid entre do 9 ao 13 de abril

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, recibiu hoxe ao equipo que vai representar a Galicia no certame Spainskills 2024. “Agardo que demostredes neste campionato todo o potencial que ten a nosa FP”, animounos, lembrando que os resultados da delegación galega en citas de anos anteriores foron “moi satisfactorios e un orgullo para o noso sistema educativo”.
Son aproximadamente 100 as persoas, entre alumnos e docentes, que conforman o equipo galego nestas olimpíadas nacionais da Formación Profesional, que se desenvolveran no recinto feiral de IFEMA, en Madrid, do 9 ao 13 de abril.
En total haberá 38 alumnos de 23 centros competindo xa que en catro modalidades se participa por parellas (Xardinería paisaxística, Mecatrónica, Sistemas robóticos integrados e Robótica Colaborativa).
Galicia participa en 34 modalidades de skills, das cales 29 son competicións oficiais, e polo tanto clasificables para os campionatos internacionais, e cinco son en formato demostración. No caso das skills oficiais, a relación de centros galegos participantes por cada unha delas son:

Modalidade de competición Concello Centro educativo
Animación 3D e xogos A Coruña CIFP Imaxe e Son
Atención socio sanitaria Cee IES Agra de Raíces
Carpintería Ortigueira IES de Ortigueira
CNC fresado Vigo IES Politécnico de Vigo
Cociña Pontevedra CIFP Carlos Oroza
Control industrial Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Desenvolvemento web Santiago de Compostela IES San Clemente
Deseño mecánico CAD Ferrol CIFP Ferrolterra
Ebanistería Melide IES de Melide
Electrónica Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Escaparatismo A Coruña IES Ramón Menéndez Pidal
Estética A Coruña CIFP Someso
Floraría Ponteareas CIFP A Granxa
Fontanaría e calefacción Culleredo CIFP Universidade Laboral
Instalacións eléctricas Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Xardinaría paisajística Pontevedra CIFP Montecelo
Mecatrónica Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Panadaría A Coruña CIFP Paseo das Pontes
Peiteado Vigo IES de Teis
Pintura do automóbil A Coruña CIFP Someso
Recepción hoteleira Vigo CIFP Manuel Antonio
Refrixeración e aire acondicionado Lugo CIFP As Mercedes
Reparación de carrozaría Ponteceso IES Eduardo Pondal
Servizo de restaurante e bar A Coruña CIFP Paseo das Pontes
Sistemas robóticos integrados Lugo CIFP Politécnico de Lugo
Soldadura Vila de Cruces IES Marco do Camballón
Tecnoloxía da moda A Coruña CIFP Paseo das Pontes
Tecnoloxía do automóbil Betanzos IES As Mariñas
TIC administración de sistemas en rede Vigo IES de Teis

 

Ademais, haberá representación galega nas seguintes demostracións:

Modalidade de demostración Concello Centro educativo
Cloud Computing A Coruña IES Fernando Wirtz Suárez
Enerxías Renovables Vigo CIFP Valentín Paz Andrade
Farmacia e parafarmacia Pontevedra CIFP Montecelo
Robótica Colaborativa Vigo IES Politécnico de Vigo
Tecnoloxía de vehículos pesados Lugo CIFP As Mercedes

Os estudantes gañadores da medalla de ouro en Spainskills 2024 formará parte da delegación española que participará nos próximos campionatos internacionais de FP. Galicia participa activamente desde o ano 2007 nas distintas edicións das Competicións Nacionais de Formación Profesional, Spainskills, e tamén nas edicións internacionais Worldskills e Euroskills. Ademais, desde o ano 2012 organízase o campionato autonómico, Galiciaskills.